viernes, 11 de enero de 2013

Danza da lúa en Santiago

 
 
¡Fita a aquel branco galán,
olla seu transido corpo!
 
É lúa que baila
na Quintana dos mortos.
 
Fita seu corpo transido
negro de somas e lobos.
 
Nai: A lúa está bailando
na Quintana dos mortos.
 
¿Quén fie potro de pedra
na mesma porta do sono?
 
¡É a lúa! ¡É a lúa
na Quintana dos mortos!
 
¡Quén fita meus grises vidros
cheos de nubens seus ollos?
 
¡É a lúa! ¡É a lúa
na Quintana dos mortos!
 
Déixame morrer no leito
soñando con froles d'ouro.
 
Nai: A lúa está bailando
na Quintana dos mortos.
 
¡Ai filla co ar do céo
vólvome branca de pronto!
 
Non é o ar, é a triste lúa
na Quintana dos mortos
 
¿Quén brúa co-este xemido
d'inmenso boi melancólico?
 
Nai: É a lúa
na Quintana dos mortos.
 
¡Si´a lúa, a lúa
coronada de toxos
que baila e baila, e baila
na Quintana dos mortos!
 
 
                             Federico García Lorca.
 
 

1 comentario:

  1. Vaya con el señorito poeta andaluz, escribió unos cuantos poemas en humilde galego ¿no?
    Y ¿puede ser que Luarna Lubre haya puesto música?

    ResponderEliminar