lunes, 7 de julio de 2014

Presentación de la Antología "Angrois" en el Museo de las peregrinaciones de Santiago de Compostela


Cristóbal González Rabadán, Rafael Sánchez Barguiela, director da S.A de Xestión do Plan Xacobeo, Mª Ángeles Fernández Fernández e Arturo Domínguez La Rosa, vocal da Plataforma Víctimas del tren Alvia
— en Museo das Peregrinacións en Santiago de Compostela

 


Los poetas Asun Estévez y Manuel Pereira Vlacárcel en u momento de su intervención 


Rachou o sol
bágoas e sombras pintaron a tarde.
Canta dor...
BÁGOAS (24 se xullo, 2013)
Dixéronme que te viran
negra sombra que me asombras.
Comandando un solpor
de lume e de ferro.
E fendeuse o azul
na fin da tarde.
E a tristura apedreou
os tellados de Compostela.
Foi a morte
un cabalo desbocado
que chegou trabando e cuspindo
e tróuxonos o inferno.
Dixéronme que te viran
esfarelando ó teu paso
os corpos
e as vidas.
E voaron os soños...
din que ían berrando
espidos de alegría.
E Galicia grita e chora,
e ti choras,
e eu tamén choro...
e o mundo hoxe,
o mundo...tamén chora...
E milleiros de bágoas negras
seguen a vestir de dor
unha longa noite de pedra...
Dixéronme que te viran
negra sombra que me asombras.
Din que ías calada...
como foxen os que rouban.


Asun Estévez



As súas mans
contra a angustia

As súas mans
 consolando bágoas

As súas mans 
amortecendo a dor

As súas mans 
teimosas na esperanza 

As súas mans 
somerxidas na catástrofe

As súas mans 
unha a unha
Angrois 

Manuel Pereria Valcárcel



No hay comentarios:

Publicar un comentario